#1 #2 #3

A Escoliña

Escola Infantil Municipal de Cee | Escuela infantil Municipal de Cee

Aula Parrulos

A primeira das nosas aulas.

Aula Xoaniñas

A segunda das nosas aulas.

Aula Esquíos

A terceira das nosas aulas.

Aula Golfiños

A cuarta das aulas da Escoliña.

Nuestro equipo / A nosa equipa

Equipo educativo

As nosa equipa de educadoras esta formada por profesionais de Educación infantil ( Técnicas en Educación Infantil, Graduadas en Educación Infantil e Pedagoxía). A maiores posúen formación complementaria en metodoloxías innovadoras o que fai que a nosa intervención sexa adaptada á realidade e de calidade.

Nuestra Misión / A Nosa misión

WHAT'S OUR GOAL
A Escola Infantil Municipal do Concello de Cee defínese como un equipamento diúrno de carácter educativo e asistencial, dirixido ao sector infantil da poboación de ata 3 anos que ten por obxecto o desenvolvemento harmónico e integral dos/das nenos/as, realizando ademais unha importante labor de apoio á función educativa da propia familia á vez que facilitan o acceso dos pais e nais ao mundo laboral.
Datos identificativos: CENTRO ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL DE CEE (GM2),  ENDEREZO Raíces de Arriba, 7-8. LOCALIDADE Cee. PROVINCIA A Coruña. CÓDIGO POSTAL 15.270. TELÉFONO 981 747 506 – 664 347 241. Titularidade: A Escola Infantil é de titularidade municipal. Dependencia:  A Escola Infantil depende administrativamente, da Concellería de Presidencia, Benestar Social, Igualdade e Emprego do Concello de Cee.
En todo caso, unicamente será o Concello a quen lle corresponde exercer a representación do centro ante outras entidades distintas á local, debendo estipular en qué persoa/s ou órganos delega a mesma cando así o estime oportuno.

CONTACT US TO LEARN MORE

Actividades

THINGS TO DO

Kid

A Escola Infantil Municipal de Cee (GM2) como servizo público municipal presta os servizos básicos de coidado e atención educativa a nenos e nenas de 0 a 3 anos.

A LOE establece oito competencias básicas que o alumnado de ensino obrigatorio debe acadar. Enténdese por competencias básicas o conxunto de destrezas, coñecementos e actitudes axeitadas ao contexto que todo o alumnado debe adquirir para lograr a súa realización persoal, exercer a cidadanía activa, incorporarse á vida adulta de xeito satisfactorio e ser capaz de desenvolver unha aprendizaxe permanente ao longo da vida.

No marco da proposta realizada pola Unión Europea, establecéronse as seguintes competencias básicas:

  • Competencia en comunicación lingüística.
  • Competencia matemática.
  • Competencia no coñecemento e a interacción co mundo físico.
  • Tratamento da información e competencia dixital.
  • Competencia social e cidadá.
  • Competencia cultural e artística.
  • Competencia para aprender a aprender.
  • Autonomía e iniciativa persoal.

 

Dreaming

Unha das rutinas fundamentais na etapa infantil constitúena as horas de comer pola importancia que teñen no proceso de autonomía e desenvolvemento persoal e social dos/as máis pequenos. Para iso é fundamental que o persoal educador conceda a estes momentos toda a atención que merece potenciando, deste xeito, o seu valor educativo.

O servizo de comedor ofrecido dende a Escoliña as nenas e nenos permite almorzar, xantar e merendar no centro educativo. Esta prestación consiste na achega dos medios persoais e materiais precisos para a adecuada distribución e consumo dos alimentos que traen os/as propios/as usuarios/as.

METODOLOXÍA: Para obter os obxectivos propostos, utilizamos unha metodoloxía participativa, a motivación do alumnado, a adaptación aos ritmos de aprendizaxe individuais, reforzos positivos baseados en afectos, respecto á individualidade, establecemento de rutinas e favorecemento do recoñecemento de clima sereno, alegre, disciplinado e de respecto á diversidade.

TEMPORALIZACIÓN E CALENDARIZACIÓN: O servizo de comedor terá lugar de setembro a xullo no horario seguinte:

ALMORZO: De 8:00 a 9:30 horas
XANTAR:

  • De 12:00 a 12:30 horas aula de bebés e nenas/nenos de 1-2 anos
  • De 12:30 a 13:00 horas nenas e nenos de 2-3 anos

MERENDA:

  • De 16:00 a 16:30 horas aula de bebés e nenas/nenos de 1-2 anos
  • De 16:30 a 17:00 horas nenas de 2-3 anos

No caso da merenda e almorzo poderanse agrupar aos nenos/as das diferentes aulas nunha quenda única respectando o rateo de persoal correspondente.

O servizo de comedor é atendido polas educadoras co fin de adquirir hábitos relacionados coa alimentación e coa autonomía persoal.

Girl

Entendemos  a Escola de Nais e Pais como unha ferramenta ideal para asentar un recurso na comunidade por e para as nais e pais das nenas e nenos da escola infantil. Un recurso que lles resulte próximo, accesible e eficaz na busca de respostas ás dificultades da tarefa de educar nos diferentes eidos e temáticas.

A Escola de Pais e Nais desenvolverá unha sesión bimensual de dúas horas de duración. Nelas, as familias compartirán dúbidas e inquedanzas en referencia á crianza e educación dos máis pequenos e pequenas, e recibirán apoio e asesoramento por parte dunha profesional.

OBXECTIVOS

  • Asentar un espazo de diálogo, reflexión e coñecemento para os pais, nais e/ou titores/as das nenas e nenos da Escola Infantil Municipal do Concello de Cee.
  • Potenciar o coñecemento sobre determinados temas necesarios para a educación dos nenos e nenas.
  • Promover a reflexión sobre o manexo educativo e o afrontamento das problemáticas máis habituais nos seos das familias.
  • Xerar unha dinámica de compartir experiencias e vivencias entre os pais, nais e/ou titores/as para a construción de pautas educativas.

METODOLOXÍA: O proceso metodolóxico da escola de nais e pais basease na pedagoxía dos métodos activos, a través da cal os usuarios e usuarias son os principais protagonistas da acción educativa e son eles/as quen a partires dun proceso de andamiaxe e construción crean as súas propias aprendizaxes dentro do obradoiro, por iso é fundamental partir do coñecemento do grupo e de cales son as súas expectativas. Este elemento configura o primeiro paso metodolóxico esencial para o posterior desenvolvemento do obradoiro. Esta metodoloxía favorece unha aprendizaxe real xa que se vivencian e interiorizan contidos e habilidades a través de diversas técnicas aplicadas dentro da sesión de traballo (role-playing, traballo en pequeno grupo e exposicións, uso das novas tecnoloxías, etc.) Esta metodoloxía permite adquirir unhas ferramentas moito máis sólidas nos procesos de aprendizaxe e comprensión dos distintos fenómenos a estudar, o que facilita a labor educativa de nais e pais no seo da familia.

TEMPORALIZACIÓN E CALENDARIZACIÓN: A duración de cada sesión de traballo será de 2 horas cunha periodicidade bimensual (de outubro a maio).

A continuación preséntanse un listado de posibles temáticas a abordar na Escola de Nais e Pais. Calquera outra temática relacionada con estes ámbitos é igualmente viable. As datas e horarios para o desenvolvemento do obradoiro quedarían pendentes de concretar en función da dispoñibilidade horaria. Así mesmo, serán consensuadas co equipo técnico municipal.

  • MES OUTUBRO: A normas e límites no sistema familiar. Reparto de tarefas.
  • MES DE DECEMBRO: Resolución de conflitos no fogar. Manexo de comportamentos pouco axeitados (perrenchas, retos,…)
  • MES DE FEBREIRO: A comunicación cos noso fillos e fillas.  Estilos e habilidades comunicativas
  • MES DE ABRIL: Educar na igualdade. Xogos e xoguetes non sexistas. Utilización dos espazos.

Kid

Para facilitar a conciliación das familias con horarios de traballo amplos, facilitarase a acollida dos e das menores nun horario ampliado de mañá e de tarde. Deste xeito, poderase acoller a os menores dende as 7:40 horas e recollelos ata as 20:20 horas. Con isto ampliamos o horario da escola 40 minutos diarios, 3 horas e media á semana, o que supón 13 horas e media ao mes.

Dreaming

A diversidade lingüística e cultural na escola, debido a fenómenos sociais, culturais, económicos, etc., fixo que se promova o ensino dunha lingua estranxeira e que se vaia incluíndo desde o primeiro ciclo da Educación Infantil (0 a 3 anos), especialmente no último ano. Polo tanto, faise imprescindible desenvolver nesta etapa actitudes positivas cara á propia lingua e cara os demais, espertando a sensibilidade e a curiosidade por coñecer outras linguas.

Na introdución dunha lingua estranxeira debe valorarse o achegamento progresivo aos significados de mensaxes en contextos de comunicación coñecidos, fundamentalmente nas rutinas habituais da aula, espertando o interese dos nenos e das nenas por participar en intercambios orais en lingua estranxeira.

O ensino doutra lingua neste tramo de idade debe ser exclusivamente oral, en condicións similares ás que se dan cando aprenden a súa propia lingua. Cómpre sinalar que a Escola de inglés realizarase nas unidades de 1-2 anos e 2-3 anos. Na unidade de 0-1 anos promoverase o emprego do inglés como terceira lingua promovendo a escoita do idioma.

Os contidos que se suxiren para o nenos e nenas de 0-1 ano son:

  • Cores: azul, vermello, amarelo e verde.
  • Membros da familia: papá e mamá.
  • Números: 1, 2, 3, 4 e 5.
  • Saúdo: “bos días” e “adeus”.
  • Partes do corpo: man, boca, ollo, nariz.
  • Nomes de animais:gato, can e paxaro.

Os contidos que se suxiren para o nenos e nenas de 1-2 anos son:

  • Cores: azul, vermello, amarelo, verde, laranxa, branco e negro.
  • Membros da familia: papá e mamá.
  • Números: 1, 2, 3, 4 e 5.
  • Saúdo: “bos días” e “adeus”.
  • Partes do corpo: man, cabeza, boca, ollo, nariz,  e pé.
  • Nomes de animais: gato, can, vaca, paxaro e peixe.
  • Días da semana.

Os contidos que se suxiren para o nenos e nenas de 2-3 anos son:

  • Cores: azul, vermello, amarelo, rosa, marrón, verde, laranxa, branco e negro.
  • Membros da familia e roles: papá, mamá, neno, nena, irmán, irmá, profesor e profesora
  • Números: 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8 e 9.
  • Nome das festas e celebracións: Nadal, Entroido, etc.
  • Nome das estacións do ano.
  • Saúdo: “bos días”, “boas noites”, “ola” e “adeus”.
  • Partes do corpo: man, cabeza, boca, ollo, nariz, barriga, pé, brazos e pernas.
  • Nomes de animais: gato, can, vaca, paxaro, cabalo, león, e peixe.
  • Días da semana.
  • Frases curtas e sinxelas: “Chámome Xabier”, “Teño 2 anos”, “Son de Cee”, etc.

 

Opiniones / Opinións

LO QUE LAS MADRES Y PADRES DICEN / O QUE OS PAIS E NAIS DIN

Únete a Nosotros

Galería / Imaxes

HAVE A LOOK

Blog

OUR DAILY LIFE

Contacto

VISITANOS O ENVÍANOS TU MENSAJE